Unknown

Piden a convocatoria urxente do Consello de Administración de Xade

O Grupo Municipal Popular remitiulle hoxe ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega, en calidade de presidente do Consello de Administración de Xade, unha instancia na que se solicita que se convoque unha sesión do referido Consello á maior brevidade posible.

Na solicitude, os Populares denuncian que a situación desta sociedade  afecta, tanto aos usuarios dos servizos que dende este órgano se xestionan, coma á responsabilidade dos seus membros.

Por isto, o Grupo que dirixe Agustín Hernández considera necesario que na orde do día do Consello de Administración de Xade se inclúan distintas cuestións como unha explicación do estado do proceso de substitución do xerente e se nomeen novos membros, xa que existen vacantes pola dimisión dos Conselleiros dos Grupos PSdG e BNG.

Así mesmo, na devandita instancia, o Grupo Municipal Popular reclama que leve a cabo a xestión das pistas de pádel coa preceptiva intervención do Consello.

Os Populares manifestan a súa total oposición, salvo que exista criterio xurídico superior que avale o contrario, á continuidade da xestión de servizos por parte de Xade sen o soporte legal oportuno.

Deja una Respuesta