1426854129.406315

Piden a dimisión de Insúa tras os comentarios machistas hacia Carmen Suárez

Dende o PP de Camariñas queremos mostrar a nosa indignación e repulsa polo comportamento que a Tenente Alcalde, Sandra Ínsua, tivo coa nosa compañeira Carmen Suárez no último pleno celebrado no concello de Camariñas; dirixindose a ela cunha frase machista ("e que lavando platos non te metes en jaleos") cousa que nunca se pode consentir de ningunha maneira. Tamén poidemos comprobar como para os seus compañeiros esa actitude é normal pois ningún fixo nada o respeto.

Ante esta situación, tanto nese mesmo momento como rematado o pleno, solicitouse á Tenente Alcalde que pedise desculpas polo comentario, ó cal se negou e mantivo a súa postura.
Dende o PP pedimos que a Tenente Alcalde se desculpe de forma pública e que presente a súa dimisión de forma inmediata xa que o seu comentario non ten defensa algunha.

Deja una Respuesta