IMG_4298

Piden ao Goberno de CA unha baixada xeneralizada de impostos

A “voracidade recadatoria” do Goberno de Compostela Aberta está a propiciar unha excesiva presión sobre as economías da veciñanza, unha cuestión que o Grupo Popular considera que se debería abordar cunha baixada “con carácter xeral” dos impostos que actualmente gravan bens e servizos no ámbito municipal. Incremento de ingresos tributarios.

O portavoz popular, Agustín Hernández, indicou esta mañá que, a pesar da acción coordinada de socialistas e populares que impediu no inicio do actual mandato unha suba ao 0,57% no tipo do IBI que propoñía o Goberno, os ingresos tributarios que recollen a sucesivas liquidacións dos orzamentos demostran un marcado incremento nos últimos anos. Así, durante o ano 2015 a previsión de ingresos por impostos directos calculábase en 40,4 millóns de euros e finalmente os ingresos obtidos por este concepto eleváronse a 41,9 millóns de euros.

É dicir, recadáronse 1,5 millóns de euros máis do previsto inicialmente. No ano 2016 esa diferenza entre o previsto e o efectivamente recadado aumentou a 3,2 millóns de euros (40,5 M€ fronte a 43,7 M€) e no ano 2017 volvéronse a recadar 1,9 millóns de euros máis do previsto inicialmente (41,8 M€ / 43,7 M€). E a pesar dos continuos incrementos na recadación de ingresos, o Concello non chegou a gastar o orzamentado, posto que a media anual de execución do capítulo de investimentos apenas supera o 23%. Suba dos valores catastrais Hernández lembrou, ademais, que durante o ano 2010 o Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas aprobou unha suba dos valores catastrais a toda a veciñanza que se traduciu nunha suba da ponencia ata o ano 2020, pasando dunha recadación de 21,4 millóns de euros de 2010 ao contorno dos 33 millóns de euros de 2018, co que “cada ano pagamos máis sen que cambie o tipo”; e tamén neste ano 2018, como consecuencia da regularización catastral, emitíronse liquidacións complementarias a veciños e veciñas “que nos saibamos máis de 8.000, por un importe próximo aos 5,6 millóns de euros”.

A pesar de ter solicitado información ao Goberno sobre este aspecto no mes de xullo, o grupo popular segue á espera da información concreta “pero non temos dúbida que hai moita xente que xa recibiu as liquidacións complementarias”.

Se non se inviste, mellor nas mans dos veciños O incremento da recadación e o baixo nivel de execución dos investimentos son os principais motivos polos que se propón unha baixada da maior parte do impostos do Concello, medida que se considera “posible e viable” á vista dos resultados orzamentarios de cada ano e mesmo “conveniente, necesaria e útil” tendo en conta que “ante a incapacidade do Goberno para investir eses ingresos, o mellor é que os cartos estean nas mans dos veciños”.

O Partido Popular levará a rebaixa de impostos no seu programa O portavoz do Grupo Popular rematou indicando que no caso de que o Goberno de Compostela Aberta non acceda a esta rebaixa de impostos, o Partido Popular garantirá esta medida incluíndoa no programa de goberno para as eleccións municipais do vindeiro ano, centrándose especialmente no IBI urbano, na tendencia ao imposto cero no IBI do rural –ao xeito do que está facer a Xunta de Galicia- e na baixada doutros impostos como os relativos a vehículos, plusvalías e construcións.

Deja una Respuesta