20160920 Fotografía Sánchez-Brunete

Piden ao Goberno de Martiño Noriega que non banalice os comportamentos incívicos

O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, manifestou que “o grupo institucional das Mareas en Santiago debe rectificar e debe situarse á altura da cidade. Santiago non pode ser a capital do vandalismo político, ten que ser a capital do civismo e a urbanidade política”, polo que insistiu que o Goberno de Martiño Noriega tería que deixar de banalizar os comportamentos incívicos.

Sánchez-Brunete ofreceu hoxe unha rolda de prensa na que presentou a moción que o Grupo Popular levará ao Pleno por mor do altercado coa policía protagonizado pola parlamentaria Paula Quinteiro a madrugada do 19 de marzo nas rúas da capital de Galicia, esta moción xa foi rexistrada o pasado 27 de marzo.

Para o Grupo Municipal Popular, “trátase dun altercado que da pé a un encubrimento político dos feitos por parte do concelleiro de Seguridade, que hai unha semana, nuns micrófonos de radio, negou o que era xa sobradamente coñecido como que a parlamentaria intentou furtar material da Policía Local., o que supón encubrir un comportamento que va máis alá do incívico para situarse na fronteira do delitivo”.

Alejandro Sánchez-Brunete insistiu en que con esta moción preténdese facer un reconoñecemento á Policía, o seu traballo, a súa paciencia e ao seu carácter estoico ante as afrontas do seu propio goberno. Ademais, esta moción fai unha reprobación da deputada, ademais de propoñer que o Parlamento considere a conveniencia de adoptar algunha medida na Cámara galega.

Sánchez-Brunete destacou que “este altercado afectou á cidade de Santiago como municipio, pero tamén como sede das institucións autonómicas, situación que ven seguida dun exercicio de cinismo do alcalde, ao calificar o incidente de menor, o que supón como mínimo frivolizar, banalizar a violencia e de conivencia con actitudes violentas”.

 

Deja una Respuesta