FullSizeRender 7

Piden o amparo da Valedora ante a falta de información sobre os coches sen seguro

O grupo popular de Teo ven de solicitar o amparo da Valedora do Pobo ante a ocultación informativa do bipartito no caso dos coches municipais que circulaban sen seguro, destapado hai seis meses.

En xuño do ano pasado tres vehículos municipais foron multados por circular sen o seguro obrigatorio. Logo da falta de explicacións e frivolidade manifestada polo executivo respecto do caso, os populares teenses solicitaron certa información do caso días máis tarde e hai máis dun mes solicitaron acceso ao expediente do caso. Pero a día de hoxe non obtiveron resposta, a pesares de telo denunciado en repetidas ocasións perante os medios.

Conforme pasa o tempo, as interrogantes e sombras enchen o caso dos coches municipais sen seguro. O alcalde Rafael Sisto manifestou no pasado pleno ter a disposición unha parte da información solicitada polo PP, pero negoullela a estes concelleiros en represaria á solicitude de comparecencia da concelleira responsable para dar explicacións.

Esta comparecencia da concelleira competente foi solicitada polo PP no último pleno do ano, logo de reiterar a petición de información sobre o ocurrido e constatar posicionamentos contraditorios do executivo local. A xulgar polos feitos, semella que a petición de comparecencia non foi do agrado do alcalde quen, cunha reacción pueril en resposta á solicitude, manifestou ter dispoñible certa información pero retrasaba facilitarlla ao PP para o pleno do seguinte mes.

Ao fío da cuestión, o voceiro do PP teense recórdalle ao alcalde que "a información pública é da veciñanza, do pobo, e non é propiedade nin das Mareas, nin dous seus socios do goberno". E ironiza sobre a coherencia do grupo de goberno e a súa concepción da transparencia. "As Mareas de Podemos pregoaban transparencia aos catro ventos; pois ben, aquí temos a súa transparencia: seis meses sen facilitar a información e ofrecéndoa soamente cando a oposición forza unha comparecencia da concelleira".

Ante a gravidade deste novo episodio de escurantismo informativo do goberno bipartito, o grupo popular ven de acudir á valedora do pobo solicitando o seu amparo neste caso.

Deja una Respuesta