IMG_3011

Piden que Oroso se sume ao programa de recollida de plásticos agrícolas da Xunta

O Partido Popular de Oroso, encabezado polo seu portavoz, Alexander Doval, levará ao pleno municipal unha moción na que insta a que o goberno local leve a cabo os trámites necesarios para que o concello se adhira ao programa de recollida de plásticos agrícolas posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia.

Os populares explicaron que o programa ten como obxectivo regular a recollida de plásticos de invernadoiro e de bolsas de silo, que xeran máis de 7.000 toneladas de residuos ao longo do ano en toda Galicia.

“Trátase de facilitar un punto de recollida controlado para loitar contra o problema ambiental que orixinan uns restos que, normalmente, incinérase de maneira descontrolada ou acaban abandonados en vertedoiros incontrolados”, apuntou Doval.

Ante esta problemática, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio puxo en marcha o Programa de Recollida de Plástico Agrícola co obxecto de implantar un sistema para facilitarlle ós agricultores e gandeiros a súa xestión axeitada dos residuos.

Deste modo, os agricultores e gandeiros poderán depositar os seus plásticos agrícolas no lugar indicado por cada concello. Os residuos acumulados deben ser exclusivamente plásticos agrícolas e estes deben estar o máis limpos posibles e atados ou recollidos de tal xeito que faciliten a súa recollida.
Unha vez que o punto de acopio teña unha acumulación de plásticos superior á metade da súa capacidade, o concello porase en contacto coa empresa de recollida para que proceda a retiralos.

“É, por unha banda, unha maneira de facilitar o labor dos agricultores e, polo outro, unha forma de axudar a conservar o noso medioambiente”, dixo Doval, quen se mostrou confiando en que, nesta ocasión, o goberno local dea luz verde á proposta dos populares.

Deja una Respuesta