FOTO FURGONETA

Piden que se concreten as tarefas e responsabilidades da traballadora de Protección Civil

O grupo municipal do Partido Popular de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, presentou nos últimos días un escrito no rexistro municipal do Concello no que solicita ao executivo local que concrete cales son as tarefas e as responsabilidades que desempeña a persoa responsable do corpo de Protección Civil do municipio.

Os populares levan a cabo esta petición despois de constatar que esta traballadora realiza tarefas que “pouco ou nada” teñen que ver coas que adoitan realizar os integrantes de Protección Civil. “Comprobamos que igual que é capaz de abrir e cerrar os locais municipais, tamén fai de conserxe no CEIP ou varre as rúas do municipio”, dixo Doval.

Por este motivo, o portavoz popular considera “urxente” que o executivo local dea conta de que tipo de vinculación laboral e réxime retributivo ten esta persoa co Concello, que labores desenvolve e, por último, que se explique por que utiliza o coche e a vestimenta de Protección Civil para temas persoais –por exemplo para facer a compra-, cando está “completamente prohibido” nos estatutos da asociación.

Deja una Respuesta