20180529 CONTORNA ESTADIO SAN LAZARO (1)

Pídenlle a CA que mellore a situación das casas abandonadas de San Lázaro

O Grupo Municipal Popular vén de preguntar ao Goberno de Compostela Aberta sobre a situación das edificacións abandonadas na proximidades do Estadio de San Lázaro e na traseira do mercado de gando de Amio.

Desde o Grupo que dirixe Agustín Hernández, considerase necesario coñecer si o Concello ten previsto levar a cabo algunha iniciativa para o desenvolvemento urbanístico destes dous lugares e, por outra banda, si teñen algunha proposta para darlle unha solución ao estado destas edificacións, co fin de garantir unha mellora ambiental e unha maior seguridade neses ámbitos.

Cabe destacar que como consecuencia do planeamento e do desenvolvemento urbanístico, varias edificacións deixaron de prestar a súa función en distintos lugares do Concello, permanecendo abandonadas.

Esta situación levou ao progresivo deterioro das construcións e a súa contorna, o que fai que ofrezan unha imaxe cada día peor e que se convertan en lugares insalubres e inseguros, tanto para os veciños como para as persoas que transitan por esta zona.

Tal é o caso das construcións próximas ao Estadio de San Lázaro, que se perciben desde o Periférico, ou o complexo situado na traseira do mercado de gando de Amio, lugar empregado habitualmente para o depósito de lixo e convertido con reiteración nun dos maiores vertedoiros incontrolados do termo municipal.

 

Deja una Respuesta