WhatsApp Image 2019-02-12 at 13.12.41

Pleno extraordinario para determinar a "marea negra" de contratos a dedo das Mareas

O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, anunciou hoxe, en rolda de prensa, que o equipo que dirixe Agustín Hernández solicitará un Pleno extraordinario para que se cree unha comisión de investigación, para determinar o alcance da “marea negra” de contratos “a dedo” á clase dirixente das Mareas.

 

Sánchez-Brunete explicou que este organismo tería como función revisar á obxectividade e a necesidade destas contratacións, o custe das mesmas; a execución de ditos contratos e a imparcialidade na adxudicación, entre outras cuestións.

 

A comisión de investigación serviría para aclarar a situación que este partido ten creado no Concello santiagués. Resulta curioso, destacou Sánchez-Brunete, que Martiño Noriega defina o denunciado polo Grupo Municipal Popular como “unha infamia”, cando o que está a facer o equipo que dirixe Agustín Hernández “é dar datos obxectivos de vínculos entre o Goberno municipal e os beneficiarios dos contratos”.

 

Para o Grupo do PP no Concello de Santiago, segue a ser sorprendente que Compostela Aberta continúe “sen dar explicacións sereas, transparentes e concretas” e “se esconda no vitimismo cínico e no ataque directo ás persoas”.

 

O que ten pasado é que as cifras van en aumento: o mesmo que sube número dos contratos a empresas vinculadas sube tamén a cantidade de diñeiro dos contribuíntes que se transfire á clase dirixente de CA e, o peor é que, todo indica que haberá máis, subliñou o edil Popular.

 

Alejandro Sánchez-Brunete recordou que o PP ten pedido información obxectiva e non conseguiu que o partido de Martiño Noriega respostará, “só houbo escaqueo, ameazas, ou vitimismo cínico”.

 

Finalmente, o concelleiro Popular remarcou que “a nosa obriga é defender o diñeiro dos contribuíntes, departamento municipal a departamento municipal, expediente a expediente e partida orzamentaria a partida orzamentaria”.

Deja una Respuesta