A senadora popular pola provincia da Coruña, Paula Prado, durante unha rolda de prensa. Sede do PPdeG en Santiago de Compostea, 19 de xaneiro de 2016

Prado califica de “inadmisible e de fraude” a cesión de senadores por parte do PSOE

A senadora do Partido Popular pola provincia da Coruña, Paula Prado, calificou hoxe de “inadmisible e de fraude electoral” a cesión de catro senadores por parte do PSOE para que Democracia y Liberdad e Esquerra Republicana poidan formar grupo propio na cámara alta.

En rolda de prensa, a popular sostivo que, a decisión adoptada polo secretario xeral dos socialistas, Pedro Sánchez, “carece de sentido”, tendo en conta que, tal e como explicou, estas formacións están plantexando un “pulso” ao Estado coas súas claras pretensións independentistas.

Así mesmo, Prado lembrou que se ambos partidos concorreron en coalición ás eleccións do pasado 20 de decembro, “non parece razoable que non formen grupo propio xuntos cando poden facelo” porque contan cos senadores necesarios.

Criticas dos baróns socialistas
Por outra banda, a senadora dos populares acusou a Pedro Sánchez de converter ao PSOE na súa "propia Ikea”, en relación a que a formación socialista parece “a república independente” do secretario xeral.

“Son moitos os baróns e os votantes que mostraron o seu malestar sobre esta cesión a partidos que queren romper España, pero, unha vez máis, o señor Sánchez non fai nin caso”, subliñou Paula Prado, quen fixo fincapé en que a decisión de ceder senadores non é un acto de “cortesía parlamentaria e si de sectarismo”.

Neste sentido, a senadora apuntou que, lonxe de ser o Partido Popular en que dá ás aos independentista, tal e como declarou o líder socialistas, é o propio Sánchez o que, con decisións deste tipo, “alimenta e dá voz” a formacións independentistas.

Un goberno estable
Por outra banda, Paula Prado deixou claro que, nas últimas eleccións, os cidadáns pedíronlle aos partidos políticos que “falemos e negociemos, pero sempre desde a moderación e a centralidade”, posicións que, na súa opinión, non representan as formacións que apostan pola ruptura de España.

Sobre este asunto, a popular declarou que España necesita un “goberno estable”, e referiuse á colación PP-PSOE-C’s como a mellor opción para conseguilo. “Tería un respaldo de 16 millóns de votos e contaría cos deputados suficientes para seguir coa recuperación e poder abordar as reformas que necesita este país”, dixo Prado.

Por último, a senadora lembroulle ao señor Pedro Sánchez que “non vale todo para ser presidente”, e subliñou que o líder dos socialistas non pode poñer “os seus intereses persoais por encima dos intereses do país” con pactos que, ao seu xuízo, van en contra do que manifestaron os cidadáns nas urnas.

Deja una Respuesta