IMG_0139

Preguntan polos criterios para a concesión de conexións á red eléctrica de Santiago

O Grupo Municipal Popular solicitará no Pleno deste xoves información sobre cantas resolucións de solicitudes de conexión á rede eléctrica municipal se teñen tramitado nos últimos tres anos e o número de autorizacións e denegación e cales foron os motivos que xustificaron o diferente resultado.

 

Os Populares aseguran que chama a atención os resultados dispares que se teñen dado nalgúns casos, despois da análise de distintos decretos nos que se resolven solicitudes de conexión eléctrica á rede de distribución municipal de colectivos e entidades para a celebración de actos en espazos públicos, xa que para uns outórgase a concesión sen limitacións e noutros a denegación sen paliativos.

 

Por exemplo, nuns casos, a denegación vai acompañada dun informe de técnico municipal de marzo de 2014 que fundamenta a resolución indicando, entre outras cuestións, que “as empresas subministradoras son as únicas que poden autoriza-lo conexionado das instalacións ás redes de enerxía” e que das redes de iluminación pública e dos seus accesorios (centros de mando, caixas de derivación, etc) “non se pode nin se debe dar ningún tipo de servizo de enerxía a instalación ningunha”, polo que o informe sinala  que o Concello “non debe autoriza-lo enganche ás instalacións do alumado público municipal de ningún tipo de receptor ou instalación que non pertenza ao dito alumeado”.

 

Sen embargo, noutros casos, a autorización omite o referido informe técnico municipal e, amparándose na competencia do concelleiro responsable para resolver concédese a posibilidade de conexión eléctrica á rede municipal sen especificar ningún impedimento a este respecto.

 

Á vista deste diferente tratamento á hora de analizar e resolver as solicitudes de enganche á rede de distribución para a iluminación pública municipal, o Grupo que dirixe Agustín Hernández cree necesaria unha explicación, co fin de que os veciños poidan saber a que atenerse.

 

Xa que esta arbitrariedade nas respostas, pode dar lugar a malas interpretación e posibles prexuízos entre a veciñanza.

Deja una Respuesta