05 Alexander Doval Exposito (OROSO) (14)

Preocupación en Oroso pola partida para continuar co estudo da variante de Sigüeiro

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Oroso nas municipais de maio, Alexander Doval, mostrou hoxe a súa “preocupación” ante a presenza nos Orzamentos Xerais de Estado dunha partida para continuar co estudo da Variante de Sigüeiro.

Tras manter unha reunión coa Plataforma Veciñal en Contra da Variante, Doval lembrou que o propio alcalde, Manuel Mirás, confirmara fai unhas semanas que este proxecto quedaba “en suspenso” ante o rexeitamento da xente. “Sempre nos opuxemos a este proxecto, e non entendemos que pasou para que a situación non cambie e continúe aparecendo unha partida de 100.000 euros para este ano”, dixo.

Nesta mesma liña, a Presidenta da Plataforma, non dubidou en cualificar de “tomadura de pelo” que, despois do anunciado polo goberno local, agora apareza diñeiro para continuar co seu estudo.

No seu día xa alertamos de que podería tratarse dun anuncio a poucos meses das municipais e parece que non nos equivocamos”, lamentou Doval, quen lembrou que o seu partido pediu información á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia sobre a situación xurídico-administrativa dos terreos afectados por este proxecto.

“Creemos que os veciños se merecen unha explicación. Non se pode dicir un día unha cousa e despois todo o contrario”, dixo o candidato dos populares, quen fixo fincapé en que agora o señor Mirás non lle poderá botar a culpa ao goberno do PP facía sempre.

Rotonda

Doval aproveitou tamén para lembrar que o Partido Popular de Oroso solicitou unha copia do proxecto para a construción da rotonda na intersección da N-550 coa DP-3801. “Aínda seguimos esperando, así que non podemos valorar algo que non coñecemos”, lamentou o candidato, quen recalcou a “importancia” de preservar nesta obra a Fonte da Foca.

“Confíamos en que esta rotonda poida ser a solución para as retencións de tráfico que se producen no núcleo de Sigüeiro”, indicou Doval, quen lembrou que esta proposta foi proposta polos veciños non polo Goberno Municipal.

 

 

 

Deja una Respuesta