12 Rafael Rivadulla Varela (ARZUA) (2)

Preocupación pola situación do Servicio de Atención no Fogar de Arzúa

O candidato do Partido Popular ás eleccións municipais en Arzúa, Rafael Rivadulla, presentou onte a través de rexistro varias preguntas nas que pediu explicacións do Alcalde ou do concelleiro responsable sobre o grave problema que padece o servizo de axuda no fogar no concello arzuán debido á pésima xestión do goberno de Alternativa por Arzúa.

O Partido Popular arzuán esixe ao Concello gobernado por José Luis García un esforzo que permita licitar a contratación deste servizo, xa que o anterior prazo de contratación ten rematado o pasado mes de decembro e dende o cal non se ten constancia de que exista planificación algunha que permita seguir prestando o servizo.

Segundo Rafael Rivadulla “o Concello ten a obriga de dar un servizo digno a todo ese grupo de xente que realmente necesita ser atendida, nos seus distintos graos de dependencia, pero na actualidade hai tantas persoas atendidas como en lista de agarda, aproximadamente 60 ou 70, e iso é demasiado”.

O PP de Arzúa considera que a situación xustifica un esforzo por parte do goberno municipal e que se podería resolver modificando algunha partida orzamentaria, mediante a aprobación dunha modificación de crédito. Os populares arzuáns recoñecen que, aínda que é complicado cubrir o 100% , hai concellos que teñen un coeficiente de cobertura moito mellor, sendo igualmente rurais.

“Se o Concello tivese unha mellor previsión e soubese xestionar, teríamos xa un novo contrato operativo cunha empresa dando novamente o servicio”, afirma Rafael Rivadulla, quen considera que o alcalde e os seus concelleiros “deben ser máis sensibles coas dificultades dos usuarios deste servizo”.

 

Deja una Respuesta