FullSizeRender (1)

Presentan a web www.popularesdesantiago.gal, o portal que recolle a actividade diaria dos populares

O Grupo Municipal Popular acaba de poñer en marcha a súa páxina web www.popularesdesantiago.gal, que nace do compromiso de estar en permanente contacto cos veciños e veciñas. O portal, ademais de ser un escaparate a toda a actividade municipal -aparecen recollidas as notas de prensa e as iniciativas presentadas nos plenos do Concello (proposicións, mocións, preguntas orais e rogos)-; pretende ser un punto de recollida de propostas. “Habilitamos unha caixa de correo da cidadanía, para que nos fagan chegar as súas suxestións e demandas, co compromiso de que nun prazo de 48 horas recibirán unha resposta”, destacan os populares, que informan de que este buzón está conectado co correo electrónico contacta@popularesdesantiago.gal, operativo as 24 horas.

Tal e como poñen de manifesto, o obxectivo da páxina web é que sexa unha ferramenta de comunicación rápida e eficaz. “Non é un espazo para ser un simple espectador, senón que o que se busca é unha participación activa e fluída”, subliñan. Os populares destacan que se trata dun portal “dinámico, moi visual e, sobre todo, de fácil navegación”. Neste senso, avanzan que, ao longo dos vindeiros meses, a páxina irá ampliando os seus apartados e contidos, co fin de facilitar máis información de interese para a cidadanía.
“É unha ventá aberta aos miles de santiagueses que utilizan Internet na súa vida diaria, que aproveita ao máximo todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías”, salientan.

Caixa de correo do afiliado
A páxina web tamén incluirá a actividade desenvolvida polo Partido Popular de Santiago -notas de prensa, iniciativas, encontros e reunións …- co fin de achegar o día a día do partido aos afiliados, afiliadas e simpatizantes. Do mesmo xeito, habilítase un Caixa de correo do afiliado, outro modo de poñerse en contacto coa sede local para poder realizar todo tipo de xestións.

Deja una Respuesta