IMG_0139

Reclaman a CA a mellora da sinalización da biblioteca Ánxel Casal

O Grupo Municipal Popular reclamará neste vindeiro Pleno a mellora e correcta sinalización da biblioteca Municipal Ánxel Casal, para que se poda acceder á mesma desde distintos puntos da cidade e, así mesmo, reclámase que se proceda a unha mellora das condicións de acceso a estas instalacións.

O Grupo Municipal considera necesaria a colocación dunha parada do transporte público o máis próxima posible a esta infraestrutura, algo que xa debería estar en funcionamento desde hai tempo. Neste momento, a distancia coas paradas é moi significativa, situación que se agrava nos días de choiva, posto que non hai ningunha liña que pase por diante da biblioteca.

Esta cuestión podería ser contemplada nunha futura reordenación do transporte público, na que está prevista unha liña ao longo da Avenida Xoán XXIII, pero mentres iso non aconteza podería estudarse algunha medida específica que mellorara o acceso e a proximidade do transporte público a curto prazo, habilitando unha parada o máis achegada posible a estas instalacións.

Neste momento, a pesar da importancia dos seus fondos, do tempo que leva en marcha e dos constantes incrementos na súa utilización, superando os 160.000 préstamos anuais e cun número de asociados que acadan os 40.000, aínda son moitas composteláns e tamén visitantes os que descoñecen ou que lles custa situar estas instalacións.

Apenas existen indicacións que faciliten a súa localización, unha cuestión facilmente comprobable e sobre a que o Grupo Municipal Popular ten recibido queixas e suxestións por parte de persoas usuarias ou relacionadas con este importante servizo municipal.

A Biblioteca Pública Municipal está a prestar os seus servizos desde hai 10 anos nunhas modernas instalacións na Avenida Xoán XXIII, sobre una superficie próxima aos 6.000 metros cadrados e cun depósito cifrado en nuns 158.000 exemplares.

Deja una Respuesta