jose-luis-620x420

Reclaman a elaboración dun plan financeiro ante a grave situación económica do Concello de Laxe

O grupo municipal do Partido Popular de Lexe, encabezado polo seu portavoz, José Luis Pérez, urxe ao goberno municipal a que elabore e poña en marcha un plan económico e financeiro que sirva para paliar a grave situación económica na que se atopan as contas do concello.

Os populares alertaron que, de non levar a cabo medidas que reduzan a débeda, o Concello de Laxe corre "serio risco" de ser intervido, tendo en conta que, segundo o popular, o executivo local leva "moitos anos gastando máis do que ingresa".

Neste sentido, Pérez subliñou que “as contas de Laxe son insustentables e o único que confirman é que estamos en mans dun goberno local irresponsable”, e advertiu de que a débeda media por habitante supera os 970 euros.

Unha situación que vén de lonxe
Sobre este punto, o portavoz popular remarcou que a "nefasta" situación das arcas municipais non vén de agora, senón que é consecuencia das políticas que puxo en marcha o grupo socialista durante os último anos.

"Aquí sempre se gastou sen mirar si podíanse pagar as facturas", indicou Pérez, quen considera que os grandes prexudicados deste "malgasto" son os veciños de Laxe e os provedores.

"Os primeiros agora teñen que sufrir a falta de servizos porque non hai diñeiro para pagalos, e os segundos ven como cada vez págase máis tarde co que iso supón para a imaxe de concello a todos os niveis", dixo o popular.

Sen orzamentos para o 2017
Por outra banda, dende o Partido Popular de Laxe aproveitaron tamén para denunciar que o executivo local comeza o ano sen aprobar os orzamentos para o exercicio 2017.
http://xn--ppcorua-9za.es/wp-admin/admin.php?page=_options&tab=0
Para Pérez, este feito é un exemplo máis da "desidia e a falta de preocupación" dun goberno municipal ao que acusou de "non ser consciente" da grave situación económica que atravesa.

"Os orzamentos son fundamentais para a viabilidade do Concello de Laxe, deben ser a folla de ruta que sigamos para poder empezar a controlar os gastos e o ingresos. Temos que aprobalos canto antes", concluíu o popular.

Deja una Respuesta