19_794202_manual

Reclaman información a CA sobre o vertedoiro de Grixoa

O Grupo Municipal Popular preguntará novamente ao Goberno de Martiño Noriega sobre acordos aprobados no Pleno, que seguen a ser esquecidos por Compostela Aberta. Nesta ocasión, o Grupo que dirixe Agustín Hernández reclámalle información sobre qué actuacións e qué resultados obtiveron, en relación cos acordos unánimes acadados en xuño de 2017 e en febreiro de 2018, co fin de controlar a actividade asociada ao vertedoiro de Grixoa.

 

O Grupo Municipal Popular faise eco das irregularidades denunciadas pola veciñanza e considera necesario adoptar as medidas precisas para a súa minoración ou, se fose o caso, o cesamento de ditas accións.

 

Como ten sucedido numerosas veces neste mandato de Martiño Noriega, os asuntos aprobados en Pleno “non teñen a importancia necesaria para ser tomados en consideración polo equipo de Goberno”.

 

Así, hai  máis de ano e medio que se acordou por unanimidade adoptar unha serie de medidas para controlar a actividade asociada ao vertedoiro de Grixoa e, posteriormente, outro acordo unánime no mes de febreiro pasado, instaba ao Concello a emprender as xestións necesarias para a clausura dos tecnosolos a restauración da zona da canteira de Miramontes.

 

Para os Populares, con posterioridade a eses acordos, o proceder do Concello resulta cando menos confuso, posto que, por unha parte, acorda desistir do procedemento de anulación da licenza municipal de obras destas instalacións de Grixoa, e, por outra e de forma simultánea, abre un novo expediente sobre a declaración previa de inicio da actividade na planta de Miramontes.

Deja una Respuesta