ss

Reclaman o arranxo da rúa Ulpiano Villanueva no barrio de Vite

O Grupo Municipal Popular presentará no vindeiro Pleno un rogo no que se lle solicita ao Goberno municipal o arranxo urxente das beirarúas e do firme da rúa Ulpiano Villanueva, que se atopan nun lamentable estado.

Esta vía, situada no barrio santiagués de Vite, presenta desde hai varios meses un estado de alarmante deterioro, que supón un grave inconvinte para a vida cotiá dos veciños deste barrio santiagués.

O Grupo Municipal Popular puido comprobar que o tramo que se atopa en peor estado é o acceso principal á Escola Oficial de Idiomas, traxecto moi empregado. Nos seus pouco máis de 60 metros ten un pavimento moi deteriorado que aglutina multitude de fochancas e mesmo nas beirarrúas existen numerosas baldosas en mal estado e outras soltas que dificultan o tránsito polo lugar.

Na subida desta rúa Ulpiano Villanueva, en dirección á rúa de Vite de Arriba e nas proximidades do mesmo entronque co acceso á Escola Oficial de Idiomas, existe unha gran fochanca alongada motivada por un corte transversal realizado na calzada que co paso do tempo está a adquirir maiores dimensións e que ocasiona molestias e numerosos danos aos vehículos que por alí transitan.

Para o Grupo Popular resulta inaudito o desleixo que mostra o Goberno local á hora de actuar nestas situación, nas que os cidadáns sofren as cosencuencias, polo que desde este Grupo reitéraselle á Administración municipal o seu deber de velar para poñer disposición todos os medios materiais posibles para tratar de reducir este tipo situacións.

Deja una Respuesta