FOTO VIMIANZO

Retan a Antelo a celebrar un careo diante dos veciños de Tines, Bamiro e Freos

A portavoz do Partido Popular en Vimianzo, Raquel Rodríguez Amigo, retou hoxe ao alcalde, Manuel Antelo, a manter un acareo cos veciños das parroquias de Tines, Bamiro e Treos afectados pola decisión do Concello de deixar as súas casas fóra de ordenación tras fixar os novos límites para estes núcleos.

Tras o cruzamento de acusacións dos últimos días, os populares entenden que a mellor maneira de aclarar o asunto é “sentarse nunha mesa diante dos veciños e poñer negro sobre branco”, dixo Rodríguez Amigo, quen volveu insistir en que o rexedor “segue faltando á verdade en un asunto de vital importancia”.

Neste sentido, a portavoz dos populares, que non quixo entrar na guerra de reproches iniciada por Antelo, insistiu en que “o verdadeiramente importante é que estamos ante un problema grave no que os enfrontamentos persoais e políticos hai que deixalos de lado. O que se trata é de dar garantías urbanísticas a esta xente e nós non temos ningún problema en facelo diante de quen faga falta”.

Nesta liña, Rodríguez Amigo entende que, si o alcalde “está tan seguro do que di e non ten nada que esconder”, non debería ter “ningún problema” en rebatelo diante dos veciños e de Martín Fernández Prado, deputado autonómico responsable nesta materia.

Problemas para os propietarios

Noutra orde de cousas, desde o Partido Popular de Vimianzo volveron a insistir en que non se lle pode dicir aos veciños que é mellor que as súas casas queden fora de ordenación e que, desta maneira, van pagar menos de catastro.

“O alcalde debería saber que calquera casa construída paga como urbana, e que nunha parcela fóra de núcleo non se pode construír, e se falamos dunha casa, o que sucede é que ten limitadas as súas ampliacións, os seus usos e, nalgún caso, a súa legalización si non tivese licenza de primeira ocupación”, insistiu Fernández Prado.

 

Deja una Respuesta