foto1_concelleiros ames

Roberto Martínez Viaño será o novo concelleiro do Grupo Municipal Popular

O candidato número 7 da lista do Partido Popular de Ames, Roberto Martínez Viaño, será o novo concelleiro do Grupo Municipal Popular, logo de que no día de hoxe Alfredo Taboada, que fora concelleiro de obras no Goberno de Santiago Amor, presentara a súa renuncia anticipada á acta de concelleiro na corporación por motivos persoais.

No vindeiro pleno do día 28 de xaneiro, o Pleno Municipal tomará coñecemento da renuncia presentada hai un días por Santiago Amor, así coma da renuncia anticipada de Alfredo Taboada. Así, o candidato número 7 da lista Popular, Roberto Martínez, tomará posesión da súa acta de concelleiro do Grupo Popular, unha vez que a Xunta Electoral tramite a documentación precisa e remita ao Concello a credencial que o acreditará como membro da corporación.

Tanto Alfredo Taboada coma Roberto Martínez reuníronse no día de hoxe con Santiago Amor e cos concelleiros do Grupo Popular Alberto Piñeiro, Oliva Agra e Javier Olmo, para ofrecer a súa colaboración ó grupo municipal Popular (no caso de Alfredo Taboada dende fora da corporación e de Roberto Martínez como concelleiro).

Dar paso a novas caras

Alfredo Taboada explicou que “por motivos persoais non podo asumir a responsabilidade de volver a traballar para o concello dende dentro da Corporación”. Ademais, afirma que “é o momento de dar paso a novas caras na política municipal, aínda que sempre aportarei o meu gran de area para axudar aos veciños dende o proxecto do Partido Popular”.

Pola súa Banda, Roberto Martínez Viaño amosouse “ilusionado por traballar para os veciños de Ames dende esta nova responsabilidade”, e púxose á disposición do grupo municipal Popular para aportar “todo o traballo que sexa necesario para mellorar o concello”.

Santiago Amor agradeceu tanto a Alfredo Taboada coma a Roberto Martínez a súa lealdade cara o Partido Popular e o seu compromiso con todos os amienses. Pola súa banda, Alberto Piñeiro deulle a benvida a Roberto Martínez ao Grupo Popular para “seguir traballando con ilusión, esforzo e responsabilidade para acadar que os veciños de Ames melloren a súa calidade de vida”, ao tempo que agradecía a Alfredo Taboada o seu “traballo durante os anos nos que estivo no goberno, e a súa implicación co proxecto Popular”.

2 archivos adjuntos

Deja una Respuesta