IMG_1174

Santiago: 3 anos de“desgoberno e abandono” por culpa de Martiño Noriega

O responsable do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, ofreceu hoxe unha rolda de prensa denunciado o total “pasotismo” do alcalde Martiño Noriega durante os tres anos que leva no Goberno Municipal. Para Hernández, “estes anos son tempo perdido que teñen sumida a cidade na inactividade e na mediocridade”.

O voceiro do PP no Concello de Santiago fixo un percorrido sobre algúns dos puntos máis importantes que debería ter resolto o alcalde e dos que nada se ten avanzado, unha das cuestións que máis preocupa ao Partido Popular de Santiago é o da depuradora da que, neste momento, se descoñece o custo e o procedemento de licitación previsto para o novo informe que ten solicitado o Goberno Municipal.

Con esta nova volta, o Goberno de Compostela Aberta segue confundindo aos veciños cunha idea que non avanza, pasaron xa dous meses desde que Martiño Noriega sorprendeu a todos deixando atrás unha negociación de anos, para defender unha nova “ocorrencia”,  e carece de bases para poder ser unha realidade nun futuro próximo.

Esta nova idea de Martiño Noriega significará “sen lugar a dúbidas” a perda dos Fondos europeos, o que suporá que se triplique a factura da auga a cada familia compostelá.

Para Agustín Hernández, no eido da estación Intermodal o panorama non é moi distinto, xa que “hai unha total falta de implicación e responsabilidade do Goberno de Martiño Noriega en relación con este proxecto, xa, que despois de dicir hai xa uns meses que xa tiñan en marcha os accesos, agora vemos que aínda están a licitar a redacción do proxecto dos mesmos”.

Tampouco se entende desde o PP que Compostela Aberta asegure que non será necesario iniciar os accesos ata que a Xunta teña rematada a estación Intermodal, algo que a Grupo Municipal Popular lle parece irresponsable, o mesmo que plantexarse modificacións no tráfico de Clara Campoamor sen ter feito un estudo de tráficos da zona.

Tamén se referiu Hernández á proliferación de contratos outorgados por parte do Goberno de Martiño Noriega, para realizar prestacións innecesarias, por superficiais e propagandísticas,, xa que poderían terse feito polos propios funcionarios e cargos públicos. Nalgún caso rexistráronse ademais prestacións duplicadas e a prezo presumiblemente inflado.

  • Evolución do gasto en contratos menores:
    • 2015 + de 2 millóns do 19/6/ ao 31/12
    • 2016 + de 4 millóns
    • 2017 + de 5 millóns

 

Ao longo destes 3 anos, Compostela Aberta deu mostras dunha completa falta de atención sobre a situación de servizos básicos para a cidadanía. Nunca se preocupou da marcha dos servizos públicos e iso fixo que o normal neste Concello fora que as empresas concesionarias continuaran prestando os seus servizos, despois de rematar o prazo contractual, con prórroga e mesmo sen soporte legal.

 

Agustín Hernández explicou que arredor de 20 importantes contratos de servizos se foron alongando ata o límite, privando ao Concello de ofertar estes servizos e con iso a oportunidade de obter importante aforros e melloras nas prestacións.

Neste momento, aínda máis dunha decena deses servizos -como o Transporte Público, a ORA e guindastre, a recollida do lixo, o matadoiro municipal, a xestión das multas de tráfico, a limpeza dos edificios públicos ou servizos de xardinería- permanecen prorrogados nuns casos, e noutros nunha clara situación de alegalidade, con evidentes prexuízos e inconvenientes para a Administración local.

Escola de Música

O responsable do Grupo Municipal Popular amosou a súa total solidaridade cos traballadores e o proxecto educativo da escola Municipal de Música, xa que resulta inaceptable que o Goberno de Martiño Noriega deixe no aire os postos dos máis de 20 traballadores da Escola Municipal de Música.

Para o grupo Popular, esta situación é un novo exemplo da facilidade de Compostela Aberta en desmantelar servizos e da súa falta de previsión e organización e, neste momento, o total desacerto do Goberno de Martiño Noriega en materia de emprego supón unha consecuencia moi grave para os afectados.

Durante a rolda de prensa, Agustín Hernández non esqueceu asuntos como a paralización do Plan Especial do Casco Histórico, unha situación grave si temos en conta que o Xacobeo 2021 cada vez está máis cerca.

Compostela Aberta, en colaboración co PSdG, so soubo retrasalo, xa que a aprobación inicial deste documento estaba prevista para decembro de 2016, pero a parálise do equipo de Compostela Aberta provocou cambios nos prazos e, á vista do traballo que está a facer Martiño Noriega, non se resolverá nin no 2019, posto que o documento continúa, en canto a tramitación.

Sinalar que o Goberno que dirixiu Agustín Hernández deixou asinado o contrato, constituídas as comisións e os traballos iniciados e, neste momento, o documento suma 5 addendas ao convenio de colaboración para axustar as correspondentes anualidades ao financiamento, o que manifesta que o alcalde é incapaz de xestionar algo que ten contrato, que está iniciado e que conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia.

Consorcio

Hernández referiuse tamén ao Consorcio da cidade de Santiago, que desde hai tres anos só é un departamento administrativo máis, nin creador, nin pensador nin innovador. O alcalde é incapaz de liderar o proxecto de cidade e, por lo tanto, sen proxecto non hai acción. Está deixando pasar o tempo, porque quen non fai nada corre menos riscos, pero a inacción sae cara. Así, o consorcio está á deriva, cun problema administrativo que se leva arrastrando 5 meses sen solución.

Esta situación traducida á realidade supón que todo o capítulo IV do Consorcio está no aire. Este apartado refírese ás subvencións nominativas do Consorcio, entre outras, afecta a:

 

  • Fundación Granell. 90.000 euros
  • Auditorio de Galicia para actividades culturais 230.000 euros
  • 140.000 euros
  • Fogos do Apóstolo 220.000 euros

En canto a axudas sociais, Hernández lembrou que o Partido popular foi o que aprobou, en 2015, a primeira Renda Social Municipal, que Compostela Aberta derogou por motivos exclusivamente ideolóxicos para crear a súa propia.

A pesar de que na súa campaña electoral, Compostela Aberta utilizou ata a saciedade a idea de que a súa prioridade eran os 18.000 veciños de Santiago que estaban en risco de pobreza e exclusión, neste momento, nin cumpriu o prometido en campaña, nin coa súa ordenanza foron quen de atender a esas 18.000 persoas.

A día de hoxe hai concedidas polo Concello 200 axudas das que 80 son rendas, polo que parece que o Goberno de Martiño Noriega só pretende facer demagoxia coa pobreza e a exclusión.

Hernández remarcou que no caso do servizo de axuda no fogar, este foi prorrogado a través dun novidoso “método contractual innovador” que é o de “concelleiro/a ordeno y mando”, o que esta a supoñer un sobrecuste inaceptable para o Concello, é dicir, a todos os veciños.

Para colmo, coa nova adxudicación a dúas empresas parece que os nosos maiores non son tratados en igualdade de condicións no norte que no sur no leste que no oeste.

No eido da Igualade, o Goberno de Martiño Noriega só sabe facer una cousa, lembrou Hernández, encher esta Concellería dunha inxente cantidade de contratos menores, encargados para “estudos, diagnose, coordinación, dirección artística… etc” que, así, grosso modo, alcanzan os 300.000 euros, a persoas afíns a Compostela Aberta.

Igualdade

Para o Grupo Municipal Popular todo diñeiro é pouco na loita pola igualdade de mulleres e homes e contra a violencia de xénero, pero aquí non se trata de canto, senón de cómo, para qué e para quén, a actuación de Compostela Aberta roza a grosería.

Finalmente, o voceiro do Grupo Municipal Popular subliñou que o departamento de Deportes está absolutamente abandonado a súa sorte. Non hai creatividade, nin novas iniciativas máis aló de seguir a inercia da propia administración, a programación habitual de cada ano ou eventos que xa derivan da lexislatura anterior, coma o mundial de axedrez.

Así, dixo eventos tradicionais coma a carreira ciclista da Ascensión ou mesmo o CorreSan creado na anterior lexislatura ou xa se eliminaron ou van camiño diso. A mesma sensación de adormecemento está na área de Mocidade, un departamento que xa non se mostra con ese dinamismo que sempre o caracterizou.

Agustín Hernández engadiu que “a capital de Galicia non é unha prioridade para Martiño Noriega, tal e como o demostra o feito de non ter dado “nin un paso” para modernizala cidade, dotala de servizos ou, polo menos, mantelos xa existentes.

 

Deja una Respuesta