RUEDA DE PRENSA PAULA PRADO-MARÍA ANTÓN

"Santiago precisa dun goberno que xere sinergías coa Xunta"

As deputadas Paula Prado e María Antón valoraron, esta mañá, os principais investimentos que a Xunta de Galicia que, no que atinxe á comarca de Santiago, abordan cuestións fundamentais en eixos como: a mobilidade, o turismo, os servizos básicos, a educación e a sanidade.

No tocante á mobilidade, María Antón salientou as partidas destinadas a infraestruturas claves que, ademais de incidir na mellora da rede viaria, afianzan o gran eixo industrial de Santiago e a súa comarca. Neste senso, referiuse aos investimentos nas estradas AG-58 A Ramallosa-Estrada (2 millóns de euros), Ordes-Cerceda (3,8 millóns), Santa Comba-Portomouro (1 millón) e Aradas (3,3 millóns).

Tal e como puxo de manifesto a deputada María Antón, a gran aposta do goberno galego nas contas do vindeiro ano é o turismo, por ser “un dos motores da nosa economía”. Neste senso, referiuse ao Camiño de Santiago como “o gran proxecto de país” e que, ás cifras destinadas ao complexo do Monte do Gozo, ao edificio do Xacobeo e á preparación do Xacobeo 2021, hai que sumar cantidades importantes para o albergue proxectado en Ordes (500.000 euros) e o millón e medio de euros para a sinalización dos camiños da bisbarra. “Estes investimentos son a mostra da preocupación da Xunta de Galicia pola industria máis importante de Santiago” e, por extensión, de toda a comarca. A deputada popular non quixo deixar pasar a ocasión para poñer en valor todo o esforzo que está a facer a Xunta de Galicia no eido cultural, con importantes achegas para todos os contenedores culturais da cidade (Cidade da Cultura, CGAC, Salón Teatro…).

Os orzamentos da Xunta para o 2018 tamén inclúen importantes partidas para o saneamento e abastecemento dos concellos de Boqueixón, Dodro, Frades, Melide e Vedra. No tocante aos investimentos en educación e sanidade, incidiu, por unha banda, nas cantidades destinadas á ampliación do CEIP de Vedra e ao novo CEIP de Ames; e por outra, no novo centro de saúde de Ames.

A perda do “efecto multiplicador”
Pola súa banda, Paula Prado amosouse moi crítica coa inacción do Goberno de Compostela Aberta, xa que “por carecer de modelo de cidade provoca que os Orzamentos da Xunta non poidan ter un efecto multiplicador pola falta de sinerxias coas políticas municipais”, que, tal e como salientou a deputada popular, “van en dirección contraria” ás políticas desenvolvidas polo goberno de Núñez Feijóo.

Neste senso, referiuse a que, mentres a Xunta de Galicia bonifica fiscalmente a compra de inmobles nos cascos históricos para a súa revitalización, o goberno de Martiño Noriega consinte actividades que non favorecen que a cidade vella sexa un espazo de convivencia atractivo para a veciñanza. Do mesmo xeito, lamenta que, mentres a Xunta de Galicia incrementa o investimento en horas para o Servizo de Axuda no Fogar, o goberno local é incapaz de reducir a lista de espera e renuncia a horas de máis. “Santiago precisa dun goberno que xere sinerxias coa Xunta de Galicia para que así os orzamentos teñan un efecto multiplicador”, salienta Paula Prado.

Os orzamentos da Xunta poñen de manifesto, tamén, que o Partido Popular ten un modelo claro para Santiago e a súa comarca, “favorecendo a instalación de empresas punteiras no ámbito da investigación, co fin de facer de Santiago un polo biotecnolóxico”. “Os investimentos –engadiu- para o Campus Vida coa nova facultade de Medicina, a variante de Aradas e as conexións da cidade e o polígono industrial son boa proba deste compromiso que atraerá empresas que xeren emprego de calidade”. Destaca as partidas para o FEAS – Textil, na comarca de Ordes, a fábrica intelixente 4.0. de Televés ou as aceleradoras de empresas de Telefónica e Vodafone. “Son unhas contas que permiten que Santiago e a súa comarca sigan avanzando nun modelo de vangarda, que aposta polo I+D+I e polo emprego de calidade”, finalizou Paula Prado.

Deja una Respuesta