1527834098780

Solicítalle a devolución do diñeiro das tarxetas moedeiro da anterior aplicación da ORA

A asunción da xestión directa dos servizos da ordenanza de regulación do aparcadoiro (ORA) e do guindastre, lonxe de comportar melloras e vantaxes constatables para a veciñanza está a supoñer atrancos e inconvenientes na mobilidade. Un deles é o derivado do cambio na aplicación E-PARK, que permitía o pagamento dos tiquets da ORA desde o móbil, substituída por un novo sistema que invalida o anterior. Como consecuencia desta situación, son moitos os cidadáns que ingresaron distintas cantidades na anterior aplicación –que funcionaba a xeito de tarxeta-moedeiro- e que na actualidade non poden empregar ese diñeiro para pagar polo servizo no Concello de Santiago.

Tratando de darlle resposta ás demandas de moitas persoas que lle teñen manifestado esta situación, o Grupo Municipal do Partido Popular interpela ao Goberno local sobre esta cuestión, para coñecer o número de persoas afectadas e as cantidades depositadas na anterior aplicación, interesándose por unha inmediata devolución ou pola aplicación dalgunha fórmula que permita dispoñer desas cantidades para o pagamento deste servizo na actualidade.

A retención destas cantidades é un máis dos inconvenientes que boa parte dos cidadáns soportan por unha modificación do servizo de regulación do aparcamento e do guindastre acordada e vixente desde hai case tres meses polo Goberno municipal. Un proceso falto de motivación e carente de vantaxes para as persoas usuarias. Á imposibilidade de empregar a cantidades depositadas na anterior aplicación para o pagamento móbil, súmase tamén a imposibilidade de facer os pagamentos con tarxetas nas máquinas expendedoras de tiquets, tal e como se podía facer con anterioridade, obrigando a dispoñecontinuamente de diñeiro en efectivo. Fronte a estes e outros inconvenientes, non se percibe ningunha vantaxe para a veciñanza, que sofre as consecuencias dun sistema cada paso máis constrinxente como consecuencia da progresiva redución de prazas de aparcamento, a falta de aplicación de medidas de rotación diaria nos aparcadoiros disuasorios públicos, como o de Pontepedriña, e a ameaza do incremento de zonas azuis de pagamento previstas polo Goberno para novas zonas da cidade, como o barrio das Fontiñas ou a Avenida de Ferrol.

Deja una Respuesta