20170914 SantiagoEnCamiño

Solicitan a CA paración dos pavimentos nas rúas Xeneral Pardiñas e Alfredo Brañas

O Grupo Municipal Popular levará ao Pleno ordinario deste xoves un rogo no que se solicita ao Goberno de Compostela Aberta para que se leve a cabo a reparación dos pavimentos deteriorados nas rúas Xeneral Pardiñas e Alfredo Brañas, prestando especial atención á confluencias destas rúas coas rúa República Arxentina.

Nos últimos meses, realizáronse algunhas melloras na situación das beirarrúas destas rúas, pero o seu estado actual fai necesaria unha nova intervención para arranxar os derramos producidos nos pavimentos, que contan con varias lousas soltas, outras partidas e mesmo algunha desaparecida.

O Grupo Municipal Popular considera que esta circunstancia non é só unha cuestión estética, senón que afecta á seguridade das numerosas persoas que a diario transitan por estas dúas importantes arterias comerciais da nosa cidade, sobre todo, para as persoas maiores que viven na zona.

O maior deterioración destas vías apréciase no tramo de Xeneral Pardiñas que vai desde o cruce de Montero Ríos ata a rúa República Arxentina e, sobre todo, na parte final da rúa Alfredo Brañas na zona próxima ao entronque coa rúa República Arxentina.

Con esta situación, o Grupo que dirixe Agustín Hernández solicita que se arranxen estas rúas co fin de evitar que se produzan accidentes que haxa que lamentar.

Deja una Respuesta