Foto A

Solicitan información sobre o estado da urbanización próxima a escola infantil de Bertamiráns

O Grupo Municipal Popular no Concello de Ames ven de solicitar no día de hoxe información ao respecto do estado no que se atopan os trámites de recepción da urbanización próxima á escola infantil “A Galiña Azul” en Bertamiráns.

A nova escola infantil de Bertamiráns da rede “Galiña Azul”, que será a segunda escola infantil pública de Ames promovida polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, e cofinanciada polo Concello, supuxo unha inversión de case 800.000€. A mesma xa foi recepcionada polo Consorcio, que xa contratou o seu equipamento.

As novas instalacións, situadas en Bertamiráns e dotadas de seis unidades con capacidade para 82 nenos e nenas de idades entre os tres meses e os tres anos, abrirán o vindeiro mes de setembro, coincidindo co inicio do curso 2016-2017.

Ante a situación que se pode comprobar nas inmediacións da escola infantil, o Grupo Popular solicitou información sobre o estado da recepción da urbanización. Así mesmo, solicitou información sobre a previsión para arranxar o Camiño de Paraxó, de titularidade municipal, que dará acceso á Escola Infantil e que a día de hoxe se atopa en moi mal estado: zonas sen beirarrúas, desniveis sen a debida sinalización e protección, valados e contedores tirados, ausencia de iluminación na zona, buratos en viais de acceso e falta de ordenación do tráfico na zona, que xa foi solicitada por veciños da zona.

Cumpre lembrar que xa se realizaron os trámites para solicitar praza, e que actualmente se están baremando as solicitudes. Pero para que se poida utilizar a instalación, a recepción da urbanización, trámite municipal, debe de estar cumplimentada.

 

Ausencia de información sobre as escolas “Galiña Azul” na páxina web do Concello.

Por outra banda, pódese constatar que na páxina web municipal, na sección de educación, non existe ningunha información ao respecto de ningunha das dúas escolas infantís públicas “Galiña Azul” situadas no concello, sufragadas en parte con fondos municipais.

Mentres que nos apartados das escolas infantís municipais si que se proporciona información sobre prazos, requisitos, procedementos e demais aspectos relevantes, obviase completamente información sobre as Galiñas Azuis de Milladoiro e Bertamiráns, sen aparecer sequera no listado de centros situados no termo municipal, nin introducir un enlace á web do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para que os veciños poidan consultar información precisa sobre as mesmas.

 

 

 

Deja una Respuesta