7c342ca3-9508-4979-ae18-8707ffca5f1c

Suso Pena incorpórase como número 3 da candidatura do PP de Oroso

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Oroso nas eleccións municipais que se celebrarán en maio, Alexander Doval, anunciou hoxe que o arquitecto Suso Pena ocupará o posto número tres da candidatura popular en calidade de independente.

 

Nado na parroquia de Trasmonte, veciño de Villarromariz e cun estudo de arquitectura en Sigüeiro dende 2005, Pena, de 43 anos, está casado e é pai de tres fillos. “Agradezo a súa valentía e o seu compromiso á hora de dar este paso”,dixo Doval, quen destacou que a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) é unha das súas “grandes prioridades”,e defendeu que Pena é un “experto”nesta materia.

 

Fillo do histórico concelleiro popular Chucho Fandiño, o nova fichaxe popular agradeceu a confianza e mostrouse disposto a traballar polo interés xeral co Concello. "É moito máis fácil quedar na casa e ser un simple expectador, pero quero deixarlle aos meus fillos un Oroso mellor do que temos agora", afirmou.

 

Anunciada esta incorporación, Doval asegurou que a súa formación presentará unha candidatura “preparada para gobernar desde os primeiro minutos”e, asegurou, preto aos problemas e as necesidades dos veciños de Oroso.

 

Deja una Respuesta