CAPTURA COMENTARIOS

Tachan de machista a Mirás tras cualificar a dúas concelleiras de "ben feitas e agarimosas"

O Partido Popular de Oroso, encabezado polo seu portavoz, Alexander Doval, cualificou de “impropio dun alcalde serio” que o rexedor, Manuel Mirás, cualifique ás concelleiras de Benestar Social, Beatriz Rodeiro, e Comercio e Maiores, Vanesa Boo, de “xóvenes, ben feitas e agarimosas” nun comentario realizado nunha coñecida rede social (facebook).

O popular asegura que detrás deste tipo de actitudes escóndese “certo ton machista”, e defendeu que hai outro tipo de cualificativos “máis apropiados” para referirse ao labor que realizan as dúas concelleiras á fronte das súas respectivas concellerías.

“Non ten sentido que o señor Mirás fale así destas dúas compañeiras de corporación, nunca lle escoitei estes termos para referirse a un concelleiro”, dixo Doval, quen explicou que esta polémica nace do comentario realizado polo rexedor para falar da viaxe que estes días están a facer tanto Rodeiro como Boo en compañía de veciños de Oroso a Avila, Salamanca e Segovia.

Doval indicou que existen termos moito “máis adecuados” para poñer en valor o labor destas dúas mulleres que referirse única e exclusivamente a tres cualidades que “pouco ou nada” teñen que ver co seu labor político á fronte das súas concellerías.

Deja una Respuesta