shop-mercadona

Teo perdará 30 postos de traballo tras decidir Mercadona no instalarse en Montouto

O grupo popular municipal lamenta o desistimento de Mercadona para instalarse na zona de Montouto, polo que supón de oportunidade perdida para crear riqueza e 30 postos de traballo en Teo. Nun contexto de forte crecemento desta empresa de distribución, resulta decepcionante que desista da apertura dun establecemento en Montouto cando o proxecto estaba prácticamente na recta final da súa tramitación administrativa, prolongada durante máis de dous anos.

Esta nova, coñecida oficialmente onte, supón un serio revés político para o obxectivo de crecemento do tecido empresarial no municipio de Teo e require dun pulo do compromiso do goberno local para prestar todo o seu apoio público á implantación e investimento de empresas interesadas en localizarse no municipio.

En opinión do voceiro popular, José Manuel Guerra, este caso debe facer reflexionar ao goberno local para asegurar todo o apoio e facilidades ao investimento de empresas en Teo e “evitar decepcións como esta que, se ben é allea á responsabilidade do Concello, supón un serio fracaso político para o goberno local”.

Deja una Respuesta