teo

Un escrito revela que o alcalde mentiu sobre o caso dos coches sen seguro

O alcalde non só ocultou información ao Pleno da corporación senón que mentiu no caso dos coches municipais sen seguro. Fronte á rotundidade coa que afirmou que a compañía dera de baixa os seguros sen previo aviso, agora ven de coñecerse que esta remitiu un escrito ao Concello no que se revela exactamente o contrario. Á falta de transparencia no caso que ven denunciando o PP, súmaselle agora esta grave contradicción que coloca nunha situación moi comprometida ao alcalde e á concelleira de Transportes.

O alcalde afirmou no pleno do Concello do 30 de xuño, segundo recolle a propia acta da sesión, que "a compañía aseguradora deu de baixa (os seguros dos coches) sen motivo e sen avisar ao asegurado como esixe a lei". Con esta explicación, todos os presentes entenderon que a aseguradora dera de baixa sen motivo algún o seguro dos coches e que non realizara ningún aviso previo.

Sen embargo, un revelador escrito remitido ao Concello en datas recentes pola compañía aseguradora explica exactamente o contrario. En primeiro lugar dá a coñecer que a póliza fora cancelada por impago á data do seu vencemento, o 19 de maio de 2015. Este dato bota por terra a primeira explicación do alcalde: sí que houbera un motivo. A póliza non fora pagada. En segundo lugar, explica que ainda que se producira o vencemento, a lei obriga a manter unha especie de "prórroga" segundo a cal o contrato permanece vixente durante seis meses máis, chegando neste caso ao 19 de novembro. Antes de que este prazo de seis meses rematara, cunha ampla marxe de tempo e sen obrigación legal de facelo, segundo as palabras da aseguradora, "o 26 de agosto de 2015 o axente remitiu a ese Concello un correo electrónico informando que estaba pendente de pago o recibo da prima (...) pero non recibiu contestación".

Con todo, o capítulo máis surrealista estaba por chegar. O 21 de xaneiro de 2016 o Concello comunicou un sinistro con respecto a esta póliza. Ante isto, o axente indicou que esta póliza fora anulada polo trascurso dos seis meses anteriormente citados e remitiulle de novo un correo electrónico do que tampouco recibiu contestación.

Os populares consideran que neste caso concurren feitos gravísimos. Por unha banda, a flagrante falta á verdade do alcalde, quen ofreceu unha versión dos feitos diametralmente oposta á realidade. Por outra parte, toda esta información que agora coñecemos ocultouse nos plenos previos nos que os populares lle pediran información á concelleira de Transportes nas correspondentes quendas de rogos e preguntas.

En palabras do portavoz popular, José Manuel Guerra, “á gravidade dos feitos hai que sumar a responsabilidade civil do Concello, que abre interrogantes sobre a desprotección dos usuarios dos vehículos en caso de sinistro ou quen ampararía dita situación”.

Debido a isto, na xornada de hoxe os populares pedirán novas explicacións en pleno esixindo ao alcalde depuración de responsabilidades.

Deja una Respuesta