FOTO CONGRESO NEGREIRA

Unidade e integración, pilares do PP de Negreira presidido por Rubén Suárez

Unidade, integración e portas abertas. Eses serán os alicerces sobre os que se asente a nova etapa do Partido Popular de Negreira, despois de que Rubén Suárez fose elixido presidente co 100% dos votos emitidos no Congreso Local celebrado onte pola noite.
No seu discurso, xa como máximo responsable da agrupación local, e acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo, e polo vicesecretario xeral de Organización e Territorial, Evaristo Ben, Suárez asegurou que desta cita os populares saen “moito mellor preparados” para afrontar os retos que a súa formación ten por diante.
Suárez aproveitou a súa intervención para dar as grazas aos militantes, simpatizantes e veciños do municipio polo seu respaldo, e recordou que “hoxe abrimos unha nova etapa, unha nova etapa de transición, pero, sobre todo, de integración e de creación dun equipo máis forte, que nos ten que levar a gañar as próximas eleccións municipais no ano 2019”.
Neste sentido, o novo presidente local quixo deixar moi claro que no Partido Popular de Negreira “ninguén é máis que ninguén, as portas do partido están abertas para todos aqueles que teñan algo que achegar”, e mostrouse confiado en que serán moitos os que se vexan identificados coa súa formación nesta nova etapa.

Pisar a rúa
Suárez comprometeuse a “pisar a rúa máis que nunca” para poder reunirse con todos os veciños co obxectivo de non deixar “nin unha soa parroquia, nin un só barrio sen percorrer”.

“Non existe outra receita para poder coñecer os problemas da xente e as súas inquietudes. Só así poderemos axudalos”, dixo Suárez dijo Suárez, quen insistiu na idea de facer do Partido Popular local unha formación “máis participativa e máis próxima” como único camiño para armarse mellor de cara ás municipais do 2019.

Renovar o partido
Pola súa banda, Diego Calvo recalcou a “importancia” de manter a actividade do partido, e subliñou a o proceso de renovación impulsado por la dirección provincial, polo cal xa se nomearon 13 xestoras locais en diferentes concellos, e se están a celebrar congresos para actualizar os equipos de traballo.

“Soubemos escoitar a mensaxe que nos deron os cidadáns no ano 2015, e iniciamos un proceso de renovación dentro do partido que era necesario para poder recuperar o terreo que perdemos”, indicou Calvo, convencido de que a súa formación volverá gobernar na Deputación da Coruña e nas tres cidades da provincia no 2019.

Ademais, Calvo aproveitou para agradecer o “esforzo” realizado por toda a familia do Partido Popular de Negreira, de quen asegurou que son un “exemplo de integración”, e mostrouse convencido que o novo equipo está “máis que preparado” para recuperar a alcaldía.
“Agora toca poñerse a traballar, mirarlle á cara aos veciños e convencelos de que poden confiar en vós. Iso non se consegue nunha semana, nin nunha campaña; hai que facelo dende hoxe”, concluíu o presidente provincial.

Deja una Respuesta