image

Urxen explicacións sobre a convocatoria para o posto de dirección do Auditorio de Santiago

O Grupo Municipal Popular urxe ao Goberno local a que poña no orde de prioridades ao Auditorio de Galicia e que convoque de maneira urxente ao Consello Reitor para dar traslado do calendario previsto: “Santiago non se pode permitir estar outro ano máis sen director xerente”. Neste senso, propón a apertura dun novo concurso, cunhas novas bases que sexan participadas e consensuadas no seno do Consello Reitor e que conten con todas as garantías de obxectividade.

Para os populares, que o concurso quedase deserto “é o resultado de que todo o que mal empeza, mal acaba”. No pasado mes de xuño, o grupo popular xa amosara o seu desacordo pola convocatoria deste proceso -por non ter en conta ao Consello Reitor do
Auditorio de Galicia- como desde o punto de vista das bases -aprobadas de forma unilateral polo goberno de Compostela Aberta-. Os populares consideran que tanto a falta de transparencia como a inseguridade xurídica provocou a desmotivación dos profesionais do sector cultural: “Cando un goberno crea unhas bases absolutamente discrecionais e se erixe como xulgador dos candidatos, non incentiva a concorrencia. E cando un goberno tan só é transparente en aparencia, ocorren estas cousas ”, lamentan.

“Desde o minuto un -engaden-, o proceso estaba destinado a ser un fracaso”. Un dos puntos nos que o grupo popular fai fincapé é na falta de promoción do concurso, o que provocou que tan só dúas persoas se interesaran polo posto, por iso considera que o concello debería posibilitar a maior divulgación e difusión posible deste concurso, por exemplo coa súa publicidade e promoción nos principais xornais nacionais e revistas especializadas no eido cultural.

Deja una Respuesta