IMG_0173

Veciños de Reis trasladan ao PP a súa indignación pola falta de resposta municipal

Un grupo de veciños de Reis celebrou esta semana unha xuntanza coa concelleira María Vázquez, para por de manifesto a súa indignación polo olvido reiterado do goberno local ás súas demandas, algunhas históricas e outras máis recentes. Entre estas, destaca a petición de indicadores coa toponimia da aldea de Freixeiro en todos os seus accesos, unha solicitude que fora presentada en pleno pola concelleira popular, pero que non obtivo resposta algunha.

Ante a pasividade do bipartito, os veciños tomaron a decisión de fabricar con madeira os seus propios letreiros “como unha chamada de atención e unha forma de reivindicarse”, en palabras de María Vázquez. A edil popular califica de “burla” a actitude do goberno local coa parroquia de Reis, precedida polo recente caso do “medio asfaltado de Freiría”. Segundo explica a concelleira popular, “a sinalización solicitada pola veciñanza está máis que xustificada, para “identificar a aldea e evitar problemas que xa teñen ocurrido para que ambulancias ou taxis cheguen a Reis”.

O arranxo da pista interior da aldea e a reparación da fonte son outras peticións históricas que xa foron defendidas a pasada lexislatura por José Manuel Guerra.

Deja una Respuesta