Mugardos – 1965
Grupo Parlamentario Popular de Galicia. A Coruña
Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, rama de Políticas, especialidade de Ciencias da Administración. Universidade Complutense de Madrid. Licenza especial en Estudos Europeos, rama de Políticas. Universidade Libre de Bruxelas. Magister Artis en Administración Pública. Instituto Universitario Ortega y Gasset. Madrid
Funcionaria do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia desde 1993. Ocupou diferentes cargos na Xunta de Galicia: xefa do Servizo de Formación, Cooperación Institucional e Documentación; subdirectora xeral da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago; directora xeral de Turismo; subdirectora de Ordenación, Inspección e Planificación Turística. Foi xerente do Consorcio da Cidade de Santiago desde 2012 ata 2014.
Foi concelleira de Cultura e Patrimonio do Concello de Santiago desde xullo de 2014 ata xuño de 2015. Concelleira desde esa data ata a actualidade. En novembro do 2016 accede ao Parlamento de Galicia. Comezou a X Lexislatura sendo voceira do GPP nas áreas de Xacobeo e Patrimonio Cultural e no último ano voceira de Educación.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede