A Coruña
Grupo Parlamentario Popular de Galicia. A Coruña
É licenciada en Dereito, exercendo como avogada ata 2002. Desde esa data ata a actualidade é empregada pública da Xunta de Galicia, exercendo como técnica xurídica na Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Foi membro do Comité de Dereitos e Garantías do PP de Galicia entre os anos 1999 e 2011 e vicesecretaria de Barrios da Xunta Local do PP da Coruña de 2009 a 2011. Na actualidade forma parte da Xunta Xestora do PP local da Coruña e do Comité Executivo do PP provincial da Coruña, como coordinadora de Mobilidade.
A nivel local, foi concelleira de Mobilidade no Concello da Coruña e deputada provincial entre 2011 e 2015; e entre 2015 e 2019 foi concelleira do grupo municipal do PP neste municipio.
Foi deputada no Parlamento de Galicia entre novembro de 1999 e agosto de 2001, participando como relatora na Lei de réxime xurídico das concesións da Illa de Ons e na Lei de voluntariado de Galicia.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede