López Sánchez, Rosalía

A Coruña

Grupo Parlamentario Popular de Galicia. A Coruña

Biografía:

Doutora en Xerontoloxía e diplomada en Fisioterapia pola Universidade da Coruña. Especialista universitaria en Captación de Fondos para ONG pola UNED, tamén conta co título de experta en Fisioterapia Neurolóxica e un mestrado oficial en Xerontoloxía Clínica pola Universidade da Coruña.

Foi coordinadora da Área de Rehabilitación Física do Complexo Xerontolóxico La Milagrosa entre 2001 e 2012 e membro do Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña de 2002 a 2017.

Forma parte desde 2014 da Xunta Directiva do Grupo de persoas con discapacidade da Coruña (Grumico) e da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), así como da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) desde 2019.


MÁS INFORMACIÓN