Ferrol – 1975
Grupo Parlamentario Popular de Galicia. A Coruña
Licenciado en Dereito. Especialista en Liderado de Xestión Pública polo IESE Business School. Avogado. Foi conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia desde outubro de 2015 ata setembro do 2018.
No ano 2002 entra na Corporación Municipal de Ferrol, converténdose no concelleiro máis novo e asumindo a Portavocía adxunta do Grupo Municipal Popular. Foi concelleiro de Facenda, Patrimonio, Emprego e Xuventude durante o mandato popular 2003-2007 en Ferrol. Deputado provincial na Coruña entre 2007 e 2011.
Foi alcalde de Ferrol e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) entre 2011 e 2015. É presidente do PP de Ferrol e vogal no Comité Executivo do PP de Galicia.
Na X Lexislatura é presidente da Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742