O PP alerta do “grave descontrol financeiro” que existe no Concello” e critica o “absoluto abandono” no que se atopan as parroquias

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Camariñas alertou a través da súa voceira, Paula Mouzo, do “grave descontrol financeiro” que existe nas arcas locais e criticou o “absoluto abandono” no que se atopan as parroquias.

 

Os populares aproveitaron o debate sobre a Conta Xeral correspondente ao ano 2025  para subliñar que a economía local de Camariñas está “moi tocada” e criticou o “triunfalismo” mostrado polo Goberno Local lembrando que o resultado orzamentario reflicte un descenso de 850.000 euros respecto ao ano 2024.

 

“O que de verdade asusta é o desaforro neto, que pasou de 958.000 euros en 2023 ao 1,7 millóns deste ano”, alertou Mouzo, quen explicou que isto significa que o Goberno Local gasta máis do que ingresa.

 

Os populares denunciaron tamén que o 30% das adxudicacións dun orzamentos de case 7 millóns de euros “sexan a dedo”, nun claro exemplo dun proceder “sen transparencia” e que acumula continuos reparos por parte de intervención.

 

Festas do Carmen

A voceira popular aproveitou a interveción tamén para incidir na “importancia” de apostar de forma “clara e rotunda” polas festas do Carmen. Os populares, que votaron a favor da solicitude de que esta cita sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, demandaron que o Goberno Local suba o nivel de implicación.

 

“Non podemos permitir que durante as festas as rúas se convértan en orinales públicos. É necesario que o Goberno Local poña en marcha un servizo de limpeza, a colocación de baños e unha maior presenza de policía durante eses días”, demandou Mouzo.

 

Abandono das parroquias

Por último, a formación popular trasladou unha vez mais, a necesidade de crear un punto limpo municipal e denuncio o abandono ao que o Goberno Local somete as parroquias de Camariñas. Neste  sentido, Mouzo relato algunhas deficiencias:

 

  • No Riás (Camariñas): gavia sin protección onde, fai uns días, cae un coche. Presenza de baches históricos na rúa Fonte Barreira que só se parchean e agora é enorme. Tamén se solicitou adecentar a acera e a rampa entre o Percebe e o Froiz.
  • Abandono na estrada de Santa Mariña a Arou e Lobeiras.
  • En Arou urxe reparar e limpar a rejilla na subida ao centro cultural, mentres que en Camelle reclámase dotar de papeleiras e adecentar a zona da Veleta.
  • Xaviña: Reclámase o arranxo e posta en valor do lavadoiro de Tasaraño.
  • Abandono total da zona con farolas sen luz na recta principal da Grixa (Ponte do Porto), cun sinal de tráfico tirado no chan dende fai tempo, buratos nas beirarrúas, e a limpeza do camiño do Sixto.