Presidente provincial
Benvidos ao sitio web do Partido Popular da provincia da Coruña. Benvidos a un espazo aberto á participación no que ti es o protagonista. Porque nestes tempos de presas e chíos baleiros e oportunistas, nós reivindicamos a nosa vocación de servizo público e a importancia das persoas. De aí o noso lema: 30.000 persoas, 30.000 razóns.
Aquí estamos para escoitar as vosas opinións, as vosas queixas, as vosas críticas e as vosas suxestións.Tamén os vosos aplausos, que gusta saber que facemos ben as cousas e axudamos no que poidamos.
No Partido Popular da provincia da Coruña, unha agrupación ao servizo dos 93 concellos e de todos e cada un dos seus habitantes, apostamos por un partido aberto e participativo. Aquí ninguén sobra e aquí todos sumamos. Para facilitar a colaboración e a integración de todo o que o desexe, creamos diferentes áreas e grupos de traballo nas que os nosos militantes, afiliados ou simpatizantes poderán participar segundo as cuestións que máis lles interesen ou onde consideren que poidan ter algo que achegar.
Todas as opinións contan, todas as suxestións aténdense, todas as críticas acéptanse, e todos os erros téntanse corrixir. Desde o primeiro ata o último, desde o presidente provincial ata o último membro da executiva, temos, seguro, algo que sumar a este gran proxecto dun partido que leva no seu ADN servir a todos os coruñeses e que está obrigado a manter a confianza que tradicionalmente nos deron os nosos veciños.
Eu, o meu equipo, traballamos desde xa para iso. Benvidos de novo e conto con todos vós!
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede