O grupo do Partido Popular no Concello de Oroso sinalou hoxe a través do seu portavoz, Alexander Doval, á incapacidade de xestión por parte do equipo de goberno do PSOE e do BNG encabezado polo alcalde, Luís Rey, que fan que Oroso perda máis de 200.000 € na obra do Centro Cultural.
Esta cifra é a resultante de sumar, por unha banda, os máis de 150.000 € que esta terceira licitación para rematar as obras do Centro Cultural suporán de sobrecusto respecto a primeira, pasando de 310.000 € a 460.000 €.
E os 65.000 € que o AGADER concedeu a Oroso para a construción dunha biblioteca intelixente no edificio do Centro Cultural, e que o Concello tras tres prorrogas consecutivas por parte do ente autonómico decidiu renunciar a mesma.
Os populares lembran que a construción desta biblioteca estaba ligada a que o executivo municipal terminase a execución das obras dun Centro Cultural, un proxecto que leva parado máis de dous anos tamén pola nefasta xestión municipal.
“Tras case tres anos de mala xestión e a algo máis dun ano das municipales éntralles a presa, está chamándonos parvos a todos os orosáns”, apuntou o líder popular.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede