Carlos Martínez presidirá o PP de Vedra co obxectivo posto en renovar unha nova maioría absoluta nas municipais

Carlos Martínez renovou onte o seu cargo como presidente local do Partido Popular de Vedra despois de que a súa candidatura recibise o 100% dos votos no congreso local celebrado no día de onte no Pazo de Vista Alegre.

Acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo, por secretario xeral dos populares na provincia da Coruña, Evaristo Ben, e polo vicesecretario de organización, Gonzalo Trenor, Martínez agradeceu o respaldo recibido por todos os afiliados e púxose como obxectivo revalidar a maioría absoluta nas próximas eleccións municipais.

“Temos por diante un bonito e un difícil reto que é o de lograr gobernar por cuarta vez en Vedra. Sei que podo contar con todos vós, agradezo o voso apoio e o voso respaldo. Sen vós nada tería sentido e nada sería posible”, apuntou alcalde de Vedra.

O reelexido presidente local aproveitou tamén a súa intervención para facer balance dos logros alcanzados durante o seu mandato á fronte do consistorio e puxo sobre a mesa os obxectivos que aínda quedan por lograr.

“Imos seguir sendo o partido de todos e cada un dos veciños de Vedra. As portas da nosa formación están abertas para todas as persoas que queiran sumar”, dixo Martínez, quen incidiu en que a súa formación seguirá defendendo propostas económicas e sociais que melloren a calidade de vida da xente.

Como exemplo de todo o traballo realizado ata a data, Martínez destacou o investimento dun millón de euros destinado á ampliación do CPI de Vedra e a licitación da 3ª fase do saneamento de San Mamed e santa Cruz. “Non nos imos a quedar aquí. Temos ganas de seguir progresando e mellorando en todo o que podamos. A Covid impediunos facer moitos proxectos porque tivemos que destinar fondos municipais a outras cousas”, dixo o popular, que agradeceu o compromiso e o esforzo que todos os veciños mostraron nun momento “no que todo era difícil e novo para todos”.

Un bo momento

Pola súa banda, Diego Calvo, comezou a súa intervención felicitando María Carlos Martínez polo seu traballo e a todo o Partido Popular de Vedra por organizar un congreso que, segundo explicou, é o primeiro paso de cara a afrontar con garantías a cita do ano que vén coas urnas municipais.

Nesta liña, o presidente provincial aproveitou tamén para deterse no proceso de reorganización que sufriron os populares nos últimos meses coa chegada de Alberto Núñez Feijoo á presidencia nacional e o nomeamento de Alfonso Rueda como presidente da Xunta de Galicia.

“Moitos pensaron nos últimos días que eramos a nova UCD, que está crise acabaría connosco e xa o vistes, démoslle a volta ás enquisas e saímos desta situación moito máis reforzados, demostrando que somos a única alternativa posible ao despropósito de Goberno de Pedro Sánchez e, en Galicia, xa estamos listos para seguir traballando como ata o de agora”, afirmou Calvo.

Coa maquinaria popular a punto e reorganizada, o líder do PP na provincia da Coruña avanzou que “veñen bos momentos”, en referencia á forza que demostrou a súa formación para afrontar os retos dos próximos meses. “Estamos preparados en España, en Galicia e aquí, en Vedra, tamén, así que debemos aproveitar a situación”, dixo.

En clave local, Calvo resaltou a figura de Carlos Martínez a quen non dubido de cualificar como “o alcalde da xente. Un alcalde que sempre está dispoñible para os veciños e un alcalde que coñece mellor que ninguén o día a día do seu municipio. Carlos merece un prórroga no seu mandato. A merece porque tivo que soportar momentos moi complicados na pandemia e aínda quédalle cousas por facer”.

Por último, o presidente popular asegurou que a mellor carta de presentación do PP en Vedra atópase no traballo que Carlos Martínez leva realizando á fronte do goberno local durante tantos anos. “É importante o que estades a facer e tamén moi importante que a xente o saiba. Estou seguro de que, desta maneira, poderemos lograr a maioría que todos queremos”, co concluíu Calvo.