Comunicado do Grupo Municipal do Partido Popular de Mañón

Despois da perda do noso querido Alcalde Alfonso Balseiro Gómez o pasado 6 de febreiro de 2021, o grupo municipal do Partido Popular de Mañón, con todo o seu equipo, asume a responsabilidade de escoller entre os seus compoñentes á persoa máis idónea para ocupar un posto tan importante e de tanta dedicación e responsabilidade como é o de alcalde de Mañón. Se este cargo xa é de por si relevante, para nós, nestes momentos, o é aínda moito máis, pois o noso alcalde Alfonso deixou o listón enormemente elevado.
Aínda así, este grupo municipal acepta o reto con ilusión, esperanza, entusiasmo, anhelo e moitas ganas de traballar polos veciños e veciñas do noso Concello.
Esta persoa na que depositamos toda a nosa confianza é o noso compañeiro Alfredo Dovale Pedreira. Un home comprometido, traballador, afable, íntegro e cumpridor, como xa leva demostrado nos últimos tempos nas diferentes áreas que tiña encomendadas do Concello no equipo de Goberno.
Desempeñou o cargo de Tenente de Alcalde nos últimos 10 anos, formou parte da Xunta de Goberno Local e das diferentes Comisións Informativas, e ten a experiencia suficiente e necesaria para exercer de alcalde de Mañón. Nós estamos seguro de elo, por iso nos poñemos á súa disposición total e absoluta.
No grupo municipal do Partido Popular estamos comprometidos co proxecto co cal concorremos ás eleccións municipais e seguiremos traballando, se cabe con mais intensidade, por facer cumprir todos os obxectivos que nos marcamos.
O reto é grande, pero estamos convencidos de que o imos a conseguir. Farémolo polos nosos veciños e veciñas sempre en primeiro lugar, e para que o noso Alcalde Alfonso Balseiro se sinta orgulloso de todos nós e de todo o noso traballo.