A dirección do Partido Popular na provincia da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, nomeou na reunion celebrada esta tarde a Esperanza Arias como presidenta da nova xestora dos populares no Concello de Sada.
A menos de sete meses da cita coas urnas municipais, a dirección popular decidiu poñer en marcha un novo equipo de persoas que será o encargado de preparar ao partido para afrontar unhas municipais nas que os populares aspiran a ser a lista máis votada no municipio sadense.
A nova presidenta da xestora estará acompañada por Fernando España López –vicepresidente-, Leticia Roig –secretaria- e Isabel Val Armesto –tesoureira-, ademais de por un conxunto de vocais composto por case medio centenary de persoas.
“O nomeamento desta xestora debe servir para fortalecer e impulsar ao partido”, asegurou Calvo, quen defendeu que, a partir deste momento, a súa formación debe poñerse mans a obra para presentar unha “alternativa seria”, co obxectivo de desaloxar do goberno local dun executivo municipal que non foi capaz de resolver nin un só dos problemas e as necesidades que teñen os veciños de Sada.
Neste sentido, o líder dos populares da provincia asegurou que o novo equipo non é un grupo pechado, senón que se trata dun proxecto ao que se poden sumar todos aqueles que queiran traballar polo seu municipio.
“As portas están abertas para todo o mundo. Aquí non sobra ninguén, todo o contrario, necesitamos máis xente que nunca para lograr o noso obxectivo”, concluíu Calvo.
Calle Sánchez Bregua 5 y 6 · 4º
15004 A Coruña (A Coruña)
981 223 742
© Partido Popular Provincia de A Coruña 2020 - Deseño web: Chía na Rede