Fernández Munín anuncia que non se presentará á reelección como alcalde do Concello de Boqueixón por motivos profesionais e persoais

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín,
anunciou hoxe de maneira pública que non se vai a presentar á reelección nas vindeiras
elección do 28 de maio por motivos persoais e profesionais.
Fernández Munín dixo que “considero que cada etapa da vida, tanto a nivel persoal
como a nivel profesional, debe ter un principio e tamén un final. Salvada esta
complicada situación vivida por culpa do COVID19, dou por finalizada a miña etapa
como alcalde”.

O actual rexedor resaltou que esta decisión xa a tomou en 2022 e que soamente lla tiña
comunicada ao presidente local de Partido, Ovidio Rodeiro. Neste punto recalcou que
“Rodeiro tivo que renunciar a ser alcalde para ocupar a Delegación Territorial da
Coruña, dende onde puido realizar un traballo que permitiu axudar moito o noso
concello, e hoxe eu pídolle que agora debe renunciar a ser deputado para facer un
servizo a Boqueixón e volver a encabezar a lista electoral de maio”.

Manuel Fernández tamén quere agradecer aos veciños pola confianza que depositaron nel
nestes últimos seis anos, o traballo dos funcionarios e traballadores municipais así como o
apoio constante dos militantes e simpatizantes do Partido Popular, xa que “sin este
partido unido e potente non sería posible manter este proxecto”.
O aínda rexedor quixo remarcar que “estes 6 anos que levo de alcalde non son máis
que seguir un proxecto continuísta, que se ven desenvolvendo en Boqueixón desde
o ano 1991 cando comezou a gobernar o Partido Popular, onde houbo 4 alcaldes, 27
concelleiros e centos de veciños que sempre estiveron aí, apoiando e traballando
por este mesmo proxecto, sendo parte del, e loitando para que Boqueixón fose cada
día un pouco mellor e por iso mesmo non me quero desligar deste proxecto e dende agora mesmo me poño

adisposición de Ovidio Rodeiro para traballar e colaborar alá
onde el estime máis oportuno”.

Manuel Fernández Munín concluíu dicindo que “no ano 2016 o destino quixo que tivese
que asumir a grandísima responsabilidade de ser alcalde de Boqueixón. Era unha
opción que non estaba prevista, pero ás veces a vida depárache agradables
sorpresas. Foi unha tarefa tan difícil como bonita, xa que ser alcalde do concello no
que naciches e no que vives, é unha das maiores satisfaccións que pode ter a vida”.