Freire defende a súa xestión á fronte do Goberno e asegura que deixa o Concello nunha situación económica “moito mellor” que a que herdou

O voceiro do Partido Popular de Noia, Santiago Freire, volveu defender hoxe o traballo realizado polo seu equipo durante o seu mandato á fronte do Goberno municipal e asegurou que o Concello atópase neste momento nunha situación económica “moito mellor” que a herdada no ano 2016.

 

Freire saíu así ao paso dos argumentos presentados polos grupos políticos asinantes da moción de censura, que xustificaron a súa postura argumentando a suposta mala situación económica que atravesa o concello pola falta de xestión do anterior equipo de goberno.

 

O único motivo da moción de censura é a traizón dunha persoa á que o PP lle outorgou a súa confianza. O resto é papel mollado para tratar de xustificar o inxustificable”, apuntou Freire.

 

Neste sentido, o popular non dubidou en botar man dos datos económicos oficiais do propio Concello de Noia que deixan patente, na súa opinión, que a actual situación das arcas municipais desmonta os argumentos de PSOE, BNG e Marea Cidadá.

 

 

“O que teñen que saber os veciños é que deixamos o Concello de Noia cun remanente de tesourería de 4.491.203 euros e que hai case 1,5 millóns de remanente para gastos xerais”, dixo Freire, quen asegurou que esta situación en “non ten nada que ver coa que herdamos en 2016”.

 

Disminución do periodo medio de pago e da débeda a provedores

Naquel momento, explicou Freire, o seu Goberno tivo que deseñar un plan económico que permitise reducir, entre outras cousas, o prazo medio de pago a provedores que, por entón, situábase, segundo datos do Ministerio de Facenda, en máis de 110 días de media.

 

“Dato mata relato. Os números non son opinables e esa era a realidade no ano 2016, mentres que agora, no segundo trimestre do 2025, a media de espera é de 10 días”, asegurou.

 

Lonxe de quedarse aquí, o voceiro popular puxo sobre a mesa tamén a débeda acumulada polo Concello de Noia cos seus difrente provedores que, tal e como explicou Freire, pasou dos 2,5 millóns de euros do 2016 aos pouco máis de 228.000 euros actuais.

 

“Se ponden inventar moitas cousas e nos poden botar en cara que non acertamos en todo ou que non fomos quen de sacar adiante todos os proxectos que nos tivesen gustado, pero a botar man da situación económica non se sostén”, defendeu o popular.