Izaskun García tacha de “tomadura de pelo” aos veciños que o alcalde “presuma” dos parques infantís cubertos de Culleredo

O grupo do Partido Popular no Concello de Culleredo cualificou hoxe a través do seu portavoz, Izaskun García, de “tomadura de pelo” aos veciños que o alcalde, José Ramón Rioboo, presuma dos parques infantís cubertos do municipio que, na actualidade contan con serias deficiencias denunciadas desde hai anos.

 

“É o último que nos podiamos imaxinar que faría o señor Rioboo. Que salga a presumir destes recintos despois de que levemos anos denunciando o mal estado de conservación no que se atopan”, afirmou García, quen asegurou que a postura do rexedor é, na súa opinión, a confirmación de que “vive nun mundo paralelo ao do resto de xente de Culleredo”.

 

Indignados coas palabras do alcalde, os populares fixeron un inventario da situación real de tres destes parques infantís. “Na Corveira hai cristais rotos desde hai moito tempo, a Policía Local puxo unhas cintas e aí rematou todo”, explicou García quen, lonxe de quedar aquí, apuntou que no recinto de Acea da Ama, o peche de madeira estivo roto ata hai poucas semanas e, na actualidade, os veciños denuncian a existencia de ratas.

 

Comisión de investigación en Fonteculler

Con todo, a portavoz dos populares considera que o caso máis grave de todos está no parque infantil de Fonteculler. Alí, explicou García, o Concello segue sen recibir unha obra que está terminada desde decembro de 2019. “Non só non a recibiron, senón que en setembro de 2020 caeu a cuberta e, ademais de non arranxala, o executivo local non deu ningunha explicación dos acorrido”, indicou.

 

Este feito, dixo García, levou aos populares ha solicitar no pleno unha comisión de investigación, paralizada sempre cos votos en contra do grupo socialista. “Con todo isto, hai que ter moi pouca vergoña para saír á palestra a sacar peito. O que debería facer o señor Rioboo é, en primeiro lugar, pedir desculpas e, en segundo lugar, poñerse dunha vez por todas ao choio para solucionar estes problemas”, concluíu a popular.