O Grupo Municipal do PP en Muxía solicita un pleno extraordinario para falar da situación do CEIP “Os Muíños”

O grupo do Partido Popular no Concello de
Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, ven de solicitar un pleno
extraordinario para abordar a problemática do CEIP de “Os Muíños”
“Por un lado preocupanos, e moito, a falta de interés mostrada por parte do goberno
municipal que fai caso omiso a todas e cada unha das demandas que lle chegan
dende o colexio para o mantemento e bo cuidado das instalación do centro que
son ignoradas dende que este goberno municipal chegou ó goberno” explica
a portavoz municipal que fai incidencia en que a falla de comunicación entre o
centro e o goberno é unha situación que non pode darse falando de educación,
“por outro lado, non se está cumplir o protocolo covid no servizo de limpeza,
o cal é gravísimo.” Continua a portavoz que explica que este é un dos motivos que esixen “celeridade en dar solución a esta problemática xa que estamos falando da saúde e calidade eductiva, e iso non pode esperar” remata a portavoz municipal que lamenta que se tivera que chegar a solicitar un pleno extraordinario xa que recorda que “xa preguntamos sobre estas problemáticas no pleno ordinario e díxosenos que se nos iba a contestar por escrito pero a día de hoxe non recibimos resposta nin deso nin das demáis cuestións plantexadas”

PARQUE INFANTIL

Así mesmo, o PP de Muxía plantexará o pleno unha moción plenaria para que o concello execute unha actuación no parque infantil exterior do centro que se atopa en mal estado e que consideran que hai que arranxalo para que os nenos o poidan en óptimas condicións en canto se lle permita volver a facer uso destas instalación e recordan que todas estas competencias son municipais tal e como establece o acordó firmado entre a consellería de eduación e a FEGAMP para o desenrolo do pacto local no ano 2006