O Grupo Municipal do PP insta ao alcalde a cumprir a súa palabra e negociar o POS

O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, ven de instar ao alcalde a que cumpra a súa palabra e negocio o POS.

 

Dende o GMP recordan que a aprobación do POS do ano pasado supeditábase a que se negociasen os sucesivos POS. Ademáis “o alcalde dixo fai unhas semanas que así o faría e que convocaría unha comisión para tal finalidade pero a día de hoxe non recibimos ninguna convocatoria nin oficial nin extraoficial para tratar este tema” lamenta a portavoz municipal que espera que “o alcalde non leve a Muxía a perder unha inversión tan importante como é a do POS. Os acordos están para cumprirse”

 

“Sempre estamos dispostos a falar”, afirma Sandra Vilela quen tenden a man ó  grupo de goberno para sacar un POS conxunto adiante “que satisfaga a todos” pero recorda que, para elo, debe de existir un diálogo previo e non “ a imposición dun goberno que parece non comprender que non ten maioría plenaria para gobernar de xeito unilateral”

 

Recordan dende o PP que no pasado pleno, toda a oposición, fixéronlle saber ao alcalde cales eran as súas propostas e que ainda que non puido ser votaba a moción de urxencia presentada por unha cuestión de quorum, si se plasmou nese pleno as reivindicacións da oposición. “A segunda fase do saneamento de Frixe, a depuradora de Quintáns, os camiños interiores de Sorna e a carretera que vai dende Armear a Labexo foron as propostas da oposición e non é discutible que son obras necesarias calquera delas” comenta a portavoz do PP.

 

“Aínda incluindo estas obras, quedaría unha parte importante do POS para que o grupo de goberno dispoña del como considere” polo que cren que a proposta é “mais que razonable, mais tendo en conta, que algunhas desas obras xa estaban consesuadas co goberno”

 

Por último, dende o PP síntense esperanzados en que o goberno dialogará xa que “non creo que o alcalde queira ser o culpable de facerlle perder a Muxía máis de 600.000€” sentencia a portavoz.