O PARTIDO POPULAR DE CARBALLO ACADA O COMPROMISO DA XUNTA PARA A DEMOLICIÓN DO EDIFICIO DA ANTIGA CÁMARA AGRARIA DE CARBALLO

Hai uns días, o deputado autonómico pola Comarca de Bergantiños,
Rubén Lorenzo, mantivo unha xuntanza co Director Xeral de
Simplificación Administrativa e do Patrimonio, José María Barreiro, co fin
de avanzar no compromiso que, no seu día, o propio Lorenzo solicitou
da Xunta de Galicia con respecto á demolición do edificio
correspondente á antiga cámara agraria de Carballo, en desuso dende
fai anos. Deste xeito veranse concretados os pasos a seguir para a
demolición do devandito edificio, situado no barrio de A Milagrosa na
Capital Bergantiñá.

Nas vindeiras semanas será adxudicado un contrato para ese proxecto
de demolición, necesario para proceder ao contrato de obra. Esta
Actuación suporá a mellora notable da contorna da Capela de A
Milagrosa, a Escola de Arrabaldes e a praza e as pistas deportivas,
centro neurálxico deste barrio Carballés.

A previsión que foi trasladad dende a Dirección Xeral mencionada ao
deputado carballés na xuntanza aludida é que os traballos de demolición
comenzarán antes de finais deste ano 2025.