O Partido Popular de Oroso colabora cos afectados polo volcán da Palma

O Partido Popular de Oroso mostrou a súa solidariedade cos afectados polo volcán da Palma, en palabras do seu Portavoz, Alex Doval, “Oroso é un pobo solidario e esta demostrándoo”.

 

Os concelleiros do PP de Oroso doaron a percepción recibida pola asistencia ao último Pleno Ordinario do mes de setembro a organización “Mensajeros de la Paz” do Padre Ángel.

 

Igualmente os populares cederon as instalacións da súa Sede Local, da rúa Lengüelle, 3  Baixo (diante do Concello) á Asociación de Mulleres Loitadoras de Oroso para que poidan facer unha recollida de enseres para enviar á Palma, roupa, produtos de hixene, material escolar… o horario de recollida é de luns a venres de 11:30 h. a 13:00 h.

 

“Novamente, España, Galicia e Oroso dá mostra da súa solidariedade, nesta ocasión co pobo da Palma”.