O Concello de Ames, inmerso no desenvolvemento das actuacións recollidas na Edusi Impulsa
Ames, asumía como un dos proxectos máis importantes a construción do centro multifuncional de
lecer, cultura e promoción económica do Milladoiro, que estará dirixido á mocidade e a persoas en
risco de exclusión social do municipio.
O proxecto foi adxudicado á empresa Citanias Obras y Servicios na Xunta de Goberno Local do
xoves 27 de outubro de 2022 por un importe de 1.305.453,52 euros. Pero quedou a medio facer.
Hoxe en día un esqueleto de formigón adorna a contorna da igrexa de San Xosé na rúa do Muiño
Vello.
Ante o incremento do custe e a falta de dispoñibilidade dos materiais, coa conseguinte inflación, xa
obrigara a incrementar a partida orzamentaria da obra e ó mesmo tempo reducir o seu tamaño
eliminando unha das plantas.
Agora, tres anos despois, e xa sen fondos europeos, a Xunta de Goberno Local esta pendente de
adxudicar de novo a obra á firma local Construcciones Iglesias Mera, que presentou a mellor oferta
das tres que se plantexaron á mesa de contratación: 1.097.687,03 euros (IVE incluido), que serán
asumidos polo Concello con fondos propios. Unha vez adxudicadas as obras, o Concello dí que os
traballos comenzarán entre maio e xuño e deberán rematarse nun prazo de seis meses.
O PP considera unha boa nova esta adxudicación en tanto que beneficia ós veciños, pero non deixa
de pensar que a peor mentira é unha media verdade. O Concello non pode anunciar ós catro ventos
o comenzo dunha obra cando aínda non sabe se poderá levarse a cabo. Esta adxudicación debe
quedar suspendida ata que se aproben os orzamentos de 2025 de xeito definitivo. E para que iso
sexa unha realidade semella que aínda falta moito camiño por andar.
Neste senso, a portavoz do PP, Oliva Agra espera que “o Centro Multifuncional do Milladoiro sexa
pronto unha realidade e, como en cada actuación que beneficie ós veciños, o PP está aberto a
axudar”.
E tamén o PP lamenta a perda dos fondos europeos, situación que obriga ó Concello a asumir o
gasto en solitario. A previsión inicial era que un 80% da financiación do proxecto chegara dos
fondos europeos do Plan Edusi, pero a paralización dos traballos non permitiu rematar a construción
dentro do plazo que daba dereito a eses fondos perxudicando de xeito notable ás arcas do Concello.